REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 18 de diciembre de 2013

ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO




O día 12 de decembro asistimos á representación teatral da "Tropa de Trapo" que resultou ser FANTÁSTICA.  Estas son algunhas das nosas opinións:

*Gustoume moito a actuación porque os actores eran moi divertidos e as historias foro educativas e moi interesantes. Gustaríame volver a velos.

*Os contos  que contaron tiñan unha moralexa e gustáronme un montón. Polo nome do grupo pensaba que ía ser un teatro de marionetas. A batería era xenial.

*Paseino moi ben atendendo ás historias e participando nalgúns momentos.

*Gustoume moitísimo o teatro. Grazas á Tropa de Trapo  porque me rín con toda e reflexionei sobre as mensaxes dos contos.